O acto foi convocado pola Asemblea Feminista deste municipio ourensán
Na tarde do 15 de xaneiro, a praza Maior de Viana do Bolo acollía unha concentración en defensa dos dereitos da muller que a Asemblea Feminista desta localidade convocaba “en solidaridade coas compas andaluzas no contexto das eleccións xa que os nosos dereitos están sendo moeda de cambio. As seguintes podemos ser nós”, aseguran.
Baixo o lema “Os nosos dereitos non se negocian, nin un paso atrás en igualdade”, na concentración avogaron entre outros, polos dereitos á educación, á liberdade relixiosa, á memoria histórica, á protección fronte á violencia machista ou á liberdade, identidade e expresión sexual.
Fotos cedidas.