Como mostra de repulsa ante o asasinato de tres mulleres en Valga esta mañá, o Concello do Barco vén de convocar cunha concentración para este martes 17 de setembro ás 12h. Este acto terá lugar na praza do Concello e desta maneira esta administración local secunda a concentración que tamén está convocada para mañá en Ourense pola Subdelegación do Goberno na provincia.