A praza do Concello do Barco convertíase na noite do 16 de marzo en escenario dunha concentración de protesta contra o acordo entre a UE e Turquía sobre os refuxiados. Preto de medio cento de persoas respondían á convocatoria desta concentración, que concluía coa lectura dun manifesto no que se dicía que “dende o Barco queremos facer un chamamento aos gobernos que conforman a comunidade internacional para que se tomen urxentes medidas na maior brevidade posible destinadas a protexer á poboación civil afectada”.
Por outra banda, dende a “Nai a Nai. Grupo de Apoio á lactancia e crianza respectuosa” estase facendo unha recollida de material infantil, material hixiénico, sanitario, de acampada e material escolar na sede da entidade, situada no segundo andar da Biblioteca Municipal do Barco. O horario de recollida é de 17:30h. a 19h.
Fotos: Ángeles Rodríguez