Galerías de fotosÚltima hora

Concentracións de voleibol de Semana Santa en Quiroga

Hoxe comezaron os adestramentos das seleccións masculinas infantil e cadete

As seleccións galegas de voleibol continúan o seu traballo de preparación coas concentracións de Semana Santa no concello de Quiroga. Dende hoxe, 15 de abril e ata o mércores día 17 para as categorías masculinas (infantil e cadete) e do 18 ao 20 para as femininas, no pavillón municipal.

Continúa así o proxecto de tecnificación da FGVB para esta campaña, co obxectivo de perfilar e adestrar aos equipos que asistirán representando a Galicia de cara aos Campionatos de España por Seleccións Autonómicas.

As citas en Quiroga enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Federación Galega de Voleibol para a realización das actividades de tecnificación, supervisión e control que se esán levando a cabo no municipio lucense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button