CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto benéfico de Abertal para os refuxiados de Ucraína, o venres 25 de marzo na Rúa

Será ás 20 horas no Centro Cultural Avenida e a recadación será entregada a Cruz Vermella

 

A situación en Ucraína provocada polo conflito bélico segue sendo moi difícil, aínda que por sorte a poboación doutras partes do mundo segue respondendo con actos de solidariedade.

A comarca de Valdeorras non é allea a esta situación, organizando recollidas de material para enviar e organizando concentracións e manifestacións de repulsa á guerra, sumándose agora a Asociación Cultural Abertal, coa organización dun concerto benéfico no que colabora o Concello da Rúa e Cruz Vermella.

Será o vindeiro venres 25 de marzo ás 20 horas no Centro Cultural Avenida, na Rúa e a entrada custará 3 euros máis a vontade. A recadación entregarase a Cruz Vermella para os refuxiados de Ucraína.

Baixo o título Un canto pola Paz, Abertal fará un repaso polo seu repertorio máis recente, con pezas da banda de gaitas, algo de baile e tamén do grupo de pandereteiras.

 

Artigos relacionados

Back to top button