CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto da Banda de Música do Barco na Santa Rita

Actuaban na céntrica praza barquense Andrés de Prada e ofrecían un variado repertorio

Nun escenario diferente a de anos anteriores, a Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada, actuaba no mediodía deste 22 de maio con motivo da celebración das Festas da Santa Rita nesta vila valdeorresa. Ofrecía o seu tradicional concerto a partires das 13:30h. na céntrica praza Andrés de Prada.

Despregaba un repertorio variado que incluía pasodobres como “Amparito Roca”, pero tamén novidades como o “Vals nº 2”, así como bandas sonoras de diversos filmes como “Flash dance”, “Gladiator” ou coñecidos temas como “Mirando al mar” ou “New New York”.

Fotos: A.R.

Máis fotos e información:
https://osil.info/o-dia-de-santa-rita-comeza-ao-ritmo-da-banda-de-musica-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button