
O Ateneo de Ourense acolle o vindeiro 14 de maio un concerto da pianista Iciar Serrano. A actuación, que se enmarca dentro dunha programación especial de música española para piano a nivel nacional, prográmase para as 20:00 horas.
Serrano interpretará para o público asistente pezas de históricos artistas da talla de Isaac Albéniz, Manuel de Falla, Joaquín Turina ou Enrique Granados.