CulturaCulturaÚltima hora

Concerto de Alberto González no Barco, o 28 de abril

 

O Teatro Lauro Olmo do Barco acollerá o venres 28 de abril o espectáculo musical de Alberto González con Fran de la Mata ao piano e Adao Pires ao contrabaixo. Será a partir das 21h.

Alberto González, artista cunha longa traxectoria na música e gran versatilidade, lanza o seu novo e terceiro traballo en solitario “Cerimonial” que xa está dispoñible nas plataformas dixitais e en formato físico. Neste novo disco interpreta cancións en diferentes estilos, grandes clásicos pensados para as cerimonias relixiosas como Ave María de Schubert, Hallelujah ou Panis Angélicus e outras melodías de estilo máis actual como Mil años ou Todo do mi, para cerimonias seculares ou civís.

Neste formato de concerto íntimo está acompañado por Fran da Mata ao piano e Adão Pires ao contrabaixo.

Artigos relacionados

Back to top button