CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de El Amir en Teimende (Parada de Sil)

Presentaba o seu espectáculo "Andalucía", dúas horas de recital flamenco aos máis de 200 asistientes

 

El Amir, tamén coñecido como Amir John Haddad, actuaba no escenario do Espazo Icatú en Teimende, Parada de Sil. Considerado un dos mellores guitarristas do mundo en activo, presentaba o seu espectáculo “Andalucía”, dúas horas de recital flamenco aos máis de 200 asistientes.

O que foi membro da mítica formación Radio Tarifa ( Grammy Latino) colgaba o cartel de non hai entradas. Multinstruentista de primeiro nivel (guitarra flamenca, láude árabe, buzuki grego, saz turco, banjo, guitarra eléctrica de triplo mastro (6, 7 e 12 cordas) nun Espazo Icatú que se converteu nos últimos anos no lugar de referencia musical, con 119 concertos ás súas costas.

Jesús Mañeru, Juan Pablo Balcazar, Pintxo Villar, Ton Risco, Marcos Teira, Luiz Caracol, Fran Sanz, Isaac Peces, Voodoo Grass, Sofia Espiñeira, Peito Escuro ou Parque Tecnológico (formación que pecha a tempada de concertos o próximo día 2 de setembro ás 20 horas), son algúns dos innumerables músicos que pasaron polo escanario de pedra deste encalve.

Aínda que xa visitou o Mosteiro de Santa Cristina en 2019 dentro das Residencias Artísticas ALMA (Arte, Legado e Medio Ambiente. Proxecto titorizado por Icatú Spirits-Espazo Icatú) xunto á cantaora Eva Durán, era a primeira oportunidade de velo tras ser o abandeirado do último proxecto do prestixioso compositor Hans Zimmer na banda sonora de Misión Imposible.

Artigos relacionados

Back to top button