CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de jazz de Alfonso Medela Trío este sábado no Ateneo Casino de Monforte

Alfonso Medela Trio./ Cedida.

 

Alfonso Medela Trio ofrecerá o vindeiro sábado 8 de maio ás 20h. un concerto no Ateneo Casino de Monforte de Lemos. As entradas terán un prezo de 3 euros para persoas socias do Ateneo Casino e 5€ para público xeral. A reserva é imprescindible. Para máis información e reservas, hai que contactar no teléfono 648 435 033.

Este trío de jazz está formado por Alfonso Medela (piano), Loren Tabarés (contrabaixo) e Luis Vivas (batería). Ofrecerán un repertorio variado con composicións propias e arranxos de Medela, ademais dalgún tema clásico de jazz latino.

O Trio é residente dende hai anos do prestixioso Café Jazz Latino de Ourense. Ademais, ten un vínculo especial con Monforte xa que un dos compoñentes, Luis Vivas, é profesor na Escola de Música Moderna deste municipio.

Próximas actividades

A semana próxima continúa a programación no Ateneo Casino cun obradoiro sobre dixitalización organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios para o martes 11. O venres 14 haberá teatro coa obra ‘O Mundo de Martiña’ (Cía. Bátega) e o sábado 15, Xurxo Souto presentará o seu novo libro, “Pangalaica”.

 

Artigos relacionados

Back to top button