A noite do pasado sábado, 29 de agosto, tivo lugar o concerto de Lou & Jane no cruce entre as rúas Abdón Blanco e Conde de Fenosa. A actuación forma parte do ciclo de concertos en acústico “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco que programa actividades similares para as fines de semana de verán, ata o vindeiro 13 de setembro.
Arredor das 22:30 comezaba o concerto do grupo berciano, liderado pola voz de Yolanda Arias e a guitarra de Eduardo Visa. O repertorio consistiu nunha serie de versións de blues clásico norteamericano. O “Terrasón 2020” continúa esta última fin de semana de agosto coa actuación de La Buena Vida, ás 13:00h, na zona próxima ás piscinas municipais.