CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto de María do Ceo no Teatro Lauro Olmo, no Barco

A fadista presentou o seu novo traballo 'Galicia Nai'

 

Agora si. Na tarde deste domingo 22 de xaneiro pechábase o programa da XXI Festa do Botelo cunha actuación moi especial. A fadista María do Ceo subíase ao escenario do Teatro Lauro Olmo para ofrecer un sentido concerto diante de numeroso público.

No marco da programación da Rede de Auditorios provincial da Deputación de Ourense, a artista chegaba ao Barco de Valdeorras para presentar o seu último traballo ‘Galicia Nai’, con temas de temática variada entre os que destaca un contra a violencia machista.

 

A fadista María do Ceo, no Teatro Lauro Olmo do Barco.

 

No escenario estivo acompañada por Álex Salgado, na guitarra Portuguesa; José Salgado, na guitarra española; e Alejandro Firvida, no piano e ademáis de interpretar cancións do novo disco, tamén fixo un repaso por fados clásicos doutros traballos anteriores.

Ao inicio do concerto, a cantante daba as grazas á Deputación e sobre todo ao Concello do Barco por facer posible a actuación, “nun lugar coma este ao que tiña moitas ganas de volver”, aseguraba.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button