CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de música solidaria en Verín a favor de Cáritas, o 22 de abril

Presentación do concerto./ Foto: Concello de Verín.

 

O vindeiro sábado 22 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar o Concerto de Música Solidaria a favor de Cáritas Verín na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior de Verín. Esta mañá tivo lugar presentábase esta iniciativa solidaria no Salón de actos da Casa da Cultura, que contou coa presenza do tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo Moura; o director do Conservatorio Profesional de Música de Verín, Miguel Ángel Guerra Dos Santos; o párroco de Verín, José Antonio Rodríguez Cabido e o director da oficina de Caixa Rural de Zamora de Verín, Delfín Pérez Fernández.

Durante o acto, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, quixo agradecer a Cáritas Verín polo seu gran labor e destacou a importancia que teñen este tipo de iniciativas para axudar ás persoas máis necesitadas da comarca. “Gustaríame dar as gracias a Cáritas polo seu encomiable labor, así como o seu firme compromiso coas persoas máis vulnerables da nosa sociedade».

Pola súa banda, Antonio Rodríguez Cabido agradeceu aos organizadores e colaboradores do concerto polo seu apoio ao labor de Cáritas Verín, «que nos permite seguir ayudando a quienes más lo necesitan».

O director da oficina de Caixa Rural de Zamora de Verín, Delfín Pérez Fernández, resaltou a importancia da colaboración entre entidades para axudar á comunidade. «Cremos na importancia da colaboración entre entidades para axudar ás persoas máis necesitadas e estamos moi orgullosos de poder poñer o noso “granito de area para que se organice este concerto».

O concerto, organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Verín, coa colaboración da Fundación Caja Rural de Zamora e o Concello de Verín, ten como obxectivo recadar fondos en favor de Cáritas Verín mediante a adquisición dunha entrada para acceder a este concerto (que se pode adquirir na propia Igrexa Parroquial na mesma xornada ou previamente nas igrexas Parroquial e Mercé e en mesas situadas en rúas da localidade por un prezo simbólico de dous euros). As persoas asistentes ao concerto tamén poderán realizar a súa doazón a través dunha urna que estará situada no interior do recinto.

Segundo destacou o director do conservatorio, Miguel Ángel Guerra Dos Santos, o concerto contará cunha selección única de música que abarca tanto temas actuais como clásicos, todos eles interpretados na súa versión sinfónica:

Orquestra infantil
• El lejano oeste – Matthijs Broers & Jaap Kastelein
• Un viaje a la felicidad – Percy Wenrich
• Pepas – Farruko
• Terra – Tanxugueiras

Banda Grao Profesional
• Coruña – Faustino del Río Burdiel
• Mood Romantic – Johan Nijs
• La la Land – Justin Hurwitz
• Titanic – James Horner
• Game of Thrones – Ramin Djawadi
• Nino Bravo en concerto – Manuel Calero García
• Delilah – Les Reed & Barry Mason
• O voso galo comadre – Miguel Groba

Artigos relacionados

Back to top button