
Cantando dá a benvida ao Nadal o Orfeón Valdeorrés, que dirixe José Ramón Mansilla. Esta formación coral ofrecerá neste sábado 16 de decembro ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco un “Concerto de Nadal”. O Orfeón Valdeorrés ten preparado un programa moi especial, no que non faltarán os clásicos villancicos, tal e como adianta a súa presidenta, María Luisa Álvarez. Pero o repertorio tamén agasallará ao público con outras pezas como habaneras.
Deste xeito, o Orfeón Valdeorrés mantén a súa tradicional cita co público nestas datas tan especiais compartindo a súa música coa veciñanza da comarca.