Con música, nesta ocasión coral, continúa a programación navideña na Rúa. Tralo recital de panxoliñas co que a Agrupación de Música e Baile Tradicional Abertal acompañaba ao Apalpador na tarde do venres 20 de decembro, hoxe tocáballe ao Orfeón Valdeorrés que actuaba na igrexa de Fontei.

Na tarde deste sábado 21 de decembro a agrupación coral dirixida por José Ramón Mansilla cantaba na misa das 19:30 horas, unha das primeiras do novo párroco, Daniel Pérez Quintela, dende o coro da Igrexa de N.S. de Fátima.
De seguido, xa colocados no altar do templo, daban un concerto interpretando algunhas das panxoliñas máis clásicas e coñecidas. O director do Orfeón daba as grazas aos asistentes, ao párroco e ao concelleiro de Cultura por contar con eles para este concerto de Nadal.

Fotos e vídeos: O SIL.



