ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Concerto de Nadal en Manzaneda

 

Con estritas medidas de seguridade sanitaria fronte ao Covid, desenvolvíase na tarde deste 26 de decembro un “Concerto de Nadal” moi especial no pavillón polideportivo de Manzaneda. Nel actuaban alumnos e profesores das escolas de baile tradicional, de pandeireta, gaita e acordeón, coas que colabora o Concello de Manzaneda.

O aforo do concerto estaba moi limitado, para evitar calquera tipo de aglomeracións e respectar as distancias de seguridade, “por iso apenas se lle deu difusión a actuación”, explican dende o Concello de Manzaneda. Tan só asistían familiares directos dos nenos e maiores que actuaban. A intención do Concello é poder organizar outro concerto deste tipo de cara a primavera e, ao aire libre, para que poida asistir máis xente, pero sempre mantendo as medidas sanitarias para evitar contaxios.

Este concerto era a única actuación prevista no programa de Nadal de Manzaneda, no que se limitaban os actos públicos como medida preventiva para evitar contaxios.

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button