
O vindeiro 7 de outubro o Orfeón Valdeorrés celebrará no Teatro Lauro Olmo do Barco o seu “Concerto de Outono”. A actuación está prevista para as 20h. e nesta edición contará con dous coros convidados: a Coral Voces del Bierzo de Ponferrada e a Coral Alternia de Arganda del Rey (Madrid). Cada unha delas interpretará 7 pezas. Así está previsto que a Coral Voces del Bierzo, que dirixe Noelia Pastor Girón, interpreterá:
- AMA (Aita Donostia)
- ¡AY! LINDA AMIGA (Popular santanderina)
- EL PEREGRINO (Cancionero popular berciano)
- O MEU AMOR MARIÑEIRO (Popular gallega)
- MAITIA NUN ZIRA (Popular vasca)
- EDELWEIS B.S.O. (Sonrisas y Lágrimas)
- LA CUCARACHA (Quirino Mendoza)
Pola súa banda, a Coral Alternia de Arganda del Rey porá voz ao seguinte repertorio:
- BARCAROLA (Jacques Offenbach)
- TEMA DE LARA (Maurice Jarré)
- LA GRAN VIA (Federico Chueca)
- LASCIA CH’IO PIANGA (George Friedrich Haendel)
- LA VIDA ES BELLA (Nicola Piovani)
- LUISA FERNANDA (Federico Moreno Torroba)
- PANGE LINGUA (Juan Carlos Calderón)
Ademais neste “Concerto de Outono”, que terá un carácter especial para o Orfeón Valdeorrés, esta formación, que dirixe José Ramón Mansilla, cantará tres pezas:
– VOLVER Letra: Alfredo de Pera. Música Carlos Gardel, arranxo para coro Alejandro Daniel Garavano).
– MY WAY (Claude François e Jacques Revaux )
– LELA Letra de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao. Melodía: Rosendo Mato Hermida. Harmonización para coro mixto co José Ramón Mansilla.