O músico coruñés actúa este sábado 2 de xullo no restaurante O Refuxio, no Aguillón
Música en directo “sen condicionamentos estéticos nin etiquetas, música en estado puro entendida como feito de compartir, de gozar e pasado ben”. Iso será o que ofreza Pablo Balseiro no concerto que dará mañá, sábado 2 de xullo no Refuxio da Rúa a partires das 23:30 horas. Unha actuación coa que pretende facer cantar, bailar e pasar unha gran velada ao público.
Para logrado, o músico coruñés presentará o seu espectáculo “Rumbas & Guateque”, un compendio de versións de diferentes estilos e artistas así como temas propios do seu último disco “San Roque Pá”.