CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto de panxoliñas no Barco co Orfeón Valdeorrés, os nenos da catequese e o coro de San Mauro

Publicidade

 

O Orfeón Valdeorrés leva anos abrindo o Nadal no Barco co seu concerto de panxoliñas. Un festival no que adoitaban estar acompañados por nenos dos diferentes colexios interpretando as súas propias pezas, ata que o ano pasado a pandemia de Covid obrigaba a suspender esta festiva tradición. Neste 2021 recuperábana pero cun novo formato.

Así, na tarde deste sábado 18 de decembro, o Orfeón Valdeorrés, dirixido por José Ramón Mansilla, pechaba a eucaristía coa que a parroquia inauguraba as festas na igrexa de Santa Rita., pero en lugar de ser un concerto ao uso, as actuacións formaban parte da misa incluíndo as panxoliñas do grupo de nenos da catequese e do coro de San Mauro.

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button