CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de piano de Sara Marianovich no Barco de Valdeorras

A pianista serbia actúa mañá na Casa do Río Cigüeño a partires das nove da noite
A pianista Sara Marianovich nun concerto celebrado no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.
A pianista Sara Marianovich nun concerto celebrado no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

Nos preto de dous anos que a pianista serbia Sara Marianovich leva vivindo no Barco de Valdeorras, ten protagonizado diferentes actividades. A próxima será mañá martes 11 de outubro ás 21 horas, na Casa do Río Cigüeño. Alí, Sara dará un recital con obras de Meldelssohn-Bartoldy, Chopin, Beethoven, Albéniz e Rachmaninoff. O prezo da entrada é de 10 euros.

Cunha longa traxectoria musical, Sara Marianovich ten actuado como solista, en dúo e acompañada por orquestras sinfónicas en varios países de Europa e Estados Unidos, realizando tamén diversas gravacións para emisoras de Radio e Televisión. No ano 2014 o destino poñía O Barco no seu camiño, asinando un convenio co Concello polo cal, a entidade local cedía o salón de actos da Casa Río Cigüeño onde está instalado o piano Steinway “para que Sara ensaie e traballe”, explicaba no seu momento o alcalde. Como contrapartida a profesional ofrece “unha serie de compensacións aos veciños do Barco” como clases maxistrais, cursos e concertos con certa periodicidade.

Artigos relacionados

Back to top button