CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto dende casa da pianista Rosa Torres-Pardo en apoio da cultura

A súa actuación porá en marcha o vindeiro xoves ás 19h. a plataforma "Concertos online"

 

A cultura trata de abrirse paso fronte á crise xerada polo coronavirus, que supuxo o peche de teatros, salas e a cancelacións de concertos e actuacións. E bota man das posibilidades das novas tecnoloxías. Unha  mostra disto é a plataforma “Concertos online”, onde os beneficios xerados pola venta de entradas (cada unha custa 3€) irán destinados aos intérpretes

Esta iniciativa, promovida pola publicación El Compositor Habla, porase en marcha o vindeiro xoves 21 de maio  ás 19h. cun recital de 35 minutos da pianista Rosa Torres-Pardo, Premio Nacional de Música 2017, que doará os beneficios á plataforma.

A pianista ofrecerá un concerto desde casa co repertorio seguinte:

Rondó en Re mayor KW 485  de W.A.Mozart
Impromptu  en Mib op 90 nº2  de F. Schubert
Celeste, de “Lontananzas” suite para piano de A. García Abril
Tres preludios de G. Gershwin
I    Allegro ben ritmato e deciso
II   Andante con moto e poco rubato
III  Allegro ben ritmato e deciso
Danza nº 2 Oriental de E. Granados

As persoas interesadas poden ampliar información e adquirir as entradas en https://conciertos.elcompositorhabla.com

Artigos relacionados

Back to top button