CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto didáctico de Odaiko en Trives

Este grupo de percusión ourensán escollía este concello para comezar a xira do seu novo espectáculo didáctico “Invención”
Imaxe promocional de "Invención", o novo espectáculo de Odaiko./ Foto cedida por Odaiko.
Imaxe promocional de “Invención”, o novo espectáculo de Odaiko./ Foto cedida por Odaiko.

Comeza a xira escolar de “Invención”, o novo espectáculo do grupo de percusión Odaiko. E o punto de partida deste percorrido musical e educativo será a Casa da Cultura de Trives. Alí poderá desfrutarse da nova proposta desta formación, na que non faltará o humor, a interacción co público e o “virtuosismo musical”, o venres 27 de novembro ás 12h.

Este espectáculo toca “distintos momentos históricos, facendo un repaso ás grandes invencións da humanidade. Comeza no s. XVIII e vai avanzando ata chegar a actualidade, facendo mención das afamadas creacións de Johan Sebastian Bach, o compositor que para os musicólogos facía o rock da época, facendo referencia a moitas outras invencións froito de procesos como a Industralización, a introdución do plástico na sociedade e outras invencións máis relacionadas coa música, como a orixe da creación da batería ou doutros instrumentos musicais que comezaron como froito da casualidade e da experimentación do día a día. Destácase tamén que todas as invencións teñen o punto común da novidade, sempre froito do enxeño e da curiosidade da persoa ou do conxunto de persoas que as crean”, adiantan dende o grupo.

Odaiko escollía a localidade de Trives para encentar esta xira “por principios, para achegar os concertos didácticos musicais ao rural e aos nenos e nenas que teñen a sorte de vivir afastadas das grandes cidades pero tamén máis lonxe do acceso á Cultura”, tal e como se indica desta esta formación.

Artigos relacionados

Back to top button