CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto solidario e moi emotivo de Son do Sil en Vilagarcía

Estaba organizado pola ANPA do Centro de Educacion Especial de Vilagarcía para a presentacion da curta “CONSPIRACION ROMANTICA”

Ás 20:30h. do sábado 8 de xuño soaba nun Auditorio de Vilagarcía cheo de alumnos do Centro de Educación Especial desta localidade, profesores, familiares e amigos; o grupo valdeorrés Son do Sil cos acordes de “En algún lugar del arco iris”. E dende as estrelas o grupo transportábanos, nunha longa viaxe de máis de dúas horas, polos seus doce anos de cancións.

Este concerto, organizado pola ANPA do Centro de Educacion Especial de Vilagarcía para a presentacion da curta “CONSPIRACION ROMANTICA”, era moi especial. Os preto de 30 compoñentes de Son do Sil eran xa recibidos previamente no camerino cunha mensaxe de “Benvidos ” e cunha tarta de aniversario para un dos seus membros, José Antonio, que saía emocionado ao escenario disposto a dalo todo por unha boa causa: colaborar con este Centro de Educacón Especial de maneira altruísta.

 

 

“Adiós ríos, adiós fontes, “La vie en rose”, “Elvis” foron as súas primeiras interpretacións. Pedro ao saxofón con “107 anos ” subido aos escenarios levantou ao publico con seu “Contamíname”. Por alí tamtén pasaron Café Quijano, Juan Luis Guerra e Pepe Seara coa súa maxistral voz no tema “Dulcemente Galicia”.

O concerto ía in crescendo. A segunda parte encheuse de miradas cómplices, de apertas e bicos cando un grupo de alumnos do CEE de Vilagarcía subíu ao escenario para mesturarse cos compoñentes de Son do Sil e cantar xuntos “No puedo vivir sin ti”.

 

 

Nunca baixaron e alí ao unísono todos xuntos entoaban “Para no verte más” e con Martín á pandeireta “A Rianxeira”. Eran máis das 22:30 h. cando todo o auditorio cantaba e bailaba “Quiéreme siempre”.

Pode que non teña sido o mellor concerto de Son do sil, pero estamos seguros que ten sido o máis emotivo e que as súas vidas quedaron unidas para sempre ao centro de educacion especial de Vilagarcía. Quizais algún día nas festas de graduación da comarca tamén poidan escoitarse os ritmos de Son do Sil coma onte se escoitaron en Vilagarcía.

Texto: Gerardo Rodríguez “Chere”.

Fotos: Irene.

Artigos relacionados

Back to top button