CulturaMúsicaÚltima hora

Concertos benéficos a favor de Asfaval

O grupo coruñés Amizades presentará o seu novo disco en Valdeorras, nunha gala que se celebrará os días 25 e 26 de outubro
Foto: Mónica G. Bellver
Foto: Mónica G. Bellver

O venres 25 de outubro no Centro Cultural Avenida da Rúa e o sábado 26 no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, ámbolos dous días ás 20:30h. Esas serán as dúas citas para os concertos nos que o grupo Amizades de A Coruña, presentarán o seu novo disco “Quiéreme siempre”, cedendo toda a recadación a favor de Asfaval (Asociacion de familiares de personas con discapacidade intelectual de Valdeorras).

A presidenta do colectivo Amelia Blanco, presentaba a gala aos medios de comunicación, adiantando que o prezo das entradas será de 10 euros e que estarán á venda en varios establecementos da Rúa (Carnicería Nogueira, Aluminios Luis, Bar Cuatro Caminos, Tintorería Elena, Peluquería Pepa e Concello) e do Barco (Librería Murciego, Charo López, Seguros Nieves Rodríguez, Estanco Dado’s e no centro de Asfaval). Os concertos contarán coa colaboración de alumnos dos colexios Julio Gurriarán e Otero Pedrayo do Barco e Pablo VI da Rúa, así como dos propios usuarios e usuarias de Asfaval que farán un baile.

Na presentación, Amelia Blanco agradeceu a colaboración de tódalas persoas e empresas que fan posible que este acto se leve a cabo, explicando que “o fin destes concertos é recadar fondos para Asfaval podendo así seguir integrando día a día aos usuarios na nosa sociedade, e tamén para dar a coñecer na zona o novo disco do grupo Amizades”.

Dende que Blanco entrara na presidencia da Asociación hai apenas seis meses, non deixou de buscar novos proxectos que axuden á financiación do centro ubicado na urbanización Las Huertas do Barco, como a venda de lotería, actos benéficos, os respiros familiares que comezarán en decembro ou a creación de camisetas serigrafiadas, ademáis de continuar coa recollida de aceite e os talleres de manualidades.

Texto e foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button