Animada, divertida e concorrida. Así era a masterclass de zumba que se celebraba na tarde deste venres 8 de marzo no pavillón municipal en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) para conmemorar celebrar dun xeito saudable e divertido o Día Internacional da Muller.
Organizado polo Concello de Carballeda de Valdeorras coa finalidade de “reivindicar a igualdade entre homes e mulleres a través do baile”, á sesión impartida por Rocío asistían numerosas mulleres de todas as idades e tamén algún que outro cativo.
Esta actividade contaba coa colaboración da Farmacia de Sobradelo e da Perfumería Ana de la Puente.
Fotos cedidas.