ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

Concorrido e emotivo xantar de despedida a Daniel Pérez Quintela, o párroco de Rubiá

 

As despedidas sempre son difíciles, sobre todo se deixas atrás a xente coa que creache un vínculo e que te aprecia. Pero tamén teñen a súa parte positiva, cando esa xente che demostra ese afecto. Así, triste e á vez contento e emocionado, se sentía hoxe o sacderdote Daniel Pérez Quintela, durante o xantar de despedida que celebraba no Paladium (Vilamartín de Valdeorras) acompañado por unhas 150 persoas, amigos, familiares e fregueses.

 

 

O párroco de Rubiá (e diferentes pobos do municipio e doutros concellos ata un total de 16) durante os últimos seis anos, tomará mañá posesión como párroco doutras localidades valdeorresas entre elas A Rúa e Petín, que levará a petición do propio bispo Monseñor Jesús Fernández, tralo inesperado falecemento de Lisardo Paradelo. Pero na xornada deste sábado 14 de decembro tocaba despedirse.

 

 

E facíao, primeiro cunha eucaristía na igrexa parroquial de Rubiá e despois co xantar no que tanta xente lle amosou o seu cariño. Pola sua banda, Daniel asegura apenado que “estiven moi pouco tempo en Rubiá”, coa incertidume dun novo comezo noutras parroquias e con outros veciños aos que de seguro tamén se gana.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button