CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Concurso de doces, festival e operación kilo, no Nadal do Pablo VI-Fátima da Rúa

Os alumnos de Infantil e Primaria actuaron na tarde do 19 de decembro no salón de actos do centro

Mentres os alumnos de Secundaria controlaban o tráfico e o aparcamento no patio, no interior do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa os máis pequenos preparábanse para participar no tradicional Festival de Nadal.

Na tarde do 19 de decembro e diante de pais e demais familiares, os primeiros en subir ao escenario eran os máis cativos, os alumnos da Gardería, vestidos de Papá Noel. De seguido tocáballe o turno aos de Infantil que facían un divertido e animado repaso musical polos mellores anuncios navideños de televisión, dende as bonecas de Famosa ata o turrón El Lobo, pasando polo cava Freixenet. Trala eucaristía, tocáballe o turno aos alumnos de Primaria.

Ademais do festival, o Nadal no centro educativo rues inclúe unha intensa programación con diferentes actividades nas que tamén colaboraron os alumnos de Secundaria, así como un concurso de doces, a operación kilo cunha boa recolecta de alimentos e xoguetes, e a exposición dun orixinal belén elaborado con tapóns de cortiza.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button