
A neve está afectando tamén á circulación por estrada no acceso á estación de montaña Cabeza de Manzaneda. Así, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico, dende ás 13:16h. deste xoves 14 de novembro rexístranse condicións difíciles de circulación na estrada OU-0704 á altura de Cabeza de Manzaneda, dende o km 1 ao 8, en ambos sentidos. Nesta estrada está prohibida a circulación con camións e articulados.
Ademais, dende Protección Civil de Manzaneda informan de que nunha situación semellante está tamén a estrada OU-703, que vai dende Paradela á estación de montaña de Cabeza de Manzaneda. Os turismos deben circular con cadeas.