ConcellosSen categorizarÚltima hora

“Coñece A Rúa no… Outono”

Unha proposta que mestura a paisaxe,o viño e a historia para os meses de outubro e novembro

vinruta_arua

Organizado por Valdeorras é Viño en colaboración co Concello da Rúa, a iniciativa propón diferentes rutas pola localidade valdeorresa que inclúen paseo, visita dunha ou varias adegas, e cata con pinchos.

A primeira cita será o sábado 18 de outubro, con paseo pola Ponte da Cigarrosa e visita ás Adegas Melillas e Coroa; a segunda será o sábado 25 de outubro, con paseo pola zona de A Veiguiña e visita á Adega Alán de Val; a terceira data será o 1 de novembro con paseo pola Rúa Vella e visita á Adega Joaquín Rebolledo. O programa completarase o 15 de novembro cun paseo ata o Mirador do Barranco Rubio e visita á Adega Quinta da Peza.

O trasporte para cada data sairá ás 11h. dende a praza do Concello do Barco de Valdeorras e ás 11:30h. da praza José Antonio Míguez Freire da Rúa.

As entradas, (12 euros por persoa) poden mercarse no Concello da Rúa ou a través do correo electrónico: valdeorrasesvino@gmail.com.

Artigos relacionados

Back to top button