O Concello da Pobra de Trives reforza a programación en conmemoración do 8M con conferencias, arte e actividades que se estenderán máis alá do propio Día da Muller.
O programa comeza mañá con forza, xa que se prevé que a actriz e presentadora Isabel Blanco e a farmacéutica e comunicadora Ariana Fernández compartan as súas experiencias con charlas que levan por título “Grazas polas rosas, grazas polas espiñas” e “Coller impulso”. Será a partir das 12 horas en Santa Leonor.
Neste mesmo lugar está prevista, ás 13 horas, a inauguración da exposición “Intimidade” de Jacinto Ruíz. Os asistentes levaranse agasallos feitos na Pobra de Trives e poderán disfrutar dun petisco dos sabores desta terra.
Dende o Concello fan “un chamamento á participación da cidadanía para seguir reivindicando os dereitos das mulleres e fortalecer as súas capacidades, xa que é a mellor maneira de loitar contra a violencia e a desigualdade social”.