Construíndo no patio unha orixinal pirámide de libros, comezaba no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco a conmemoración da Semana do Libro.
Ademais, ao longo destes días teñen na biblioteca un “mercadiño do libro usado”, onde o alumnado pode intercambiar os contos e novelas propios cos dos seus compañeiros. “Participará un día cada ciclo dende hoxe ata o venres en horario de recreo”, puntualizan dende o centro.
Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.