Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Conta atrás para a VI Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín

As dorsais poden recollerse no pavillón do Bañadoiro ata as oito desta tarde e mañá de 8:30 a 9:30 horas

 

Comezan a contarse as horas para a VI edición da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, a proba solidaria que se celebrará mañá domingo 29 de outubro a partir das 10 horas.

Na xornada previa, dende as 16 e ata as 20 deste sábado día 28, os membros da organización están no pavillón do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, entregando dos dorsais e mochilas (con camiseta e resto de material).

As inscricións online remataban con 780 persoas anotadas, ás que se suman as inscricións realizadas nos establecementos de diversos puntos da comarca, dando un total de 937 inscritos, segundo informa a organización desta cita. As inscricións de última hora estarán habilitadas só mañá, domingo 29, unha hora antes da saída. De 8:30 a 9:30 horas tamén poderán recollerse as dorsais.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button