Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Conta atrás para o 6º Gran Premio de Montaña A Rúa

A proba, organizada polo Club Atletismo Rúa, celebrarase o vindeiro domingo 2 de outubro

O campión da pasada edición do GPM A Rúa./ Foto: Elba Arias.

 

O Club Atletismo Rúa conta xa os días para a 6ª edición do Gran Premio de Montaña A Rúa previsto para o vindeiro domingo 2 de outubro. Será o último asalto á Serra de Cereixido que novamente puntuará como proba oficial da Federación Galega de Montañismo, ademais da Copa Galega, da Liga de Ourense de Trail, da UTMB World Series Qualifiers e da ITRA, cun límite de inscrición de 200 deportistas e con varias opcións: maratón, trail, minitrail e andaina.

Con saída un ano máis dende o adro da igrexa de Fontei, a primeira proba en saír, ás 8:45 horas será o maratón, cun percorrido de 45 km. A seguinte modalidade que sairá, ás 9:15 horas será o trail sobre unha distancia de 24 km. Quince minutos despois, sairá a andaina, de 16 km, sendo a última modalidade en saír, ás 9:40 horas o mini trail cun percorrido de 17 km, e todas pasarán polos montes da Rúa, saíndo de Fontei e pasando por San Xulián e Roblido para rematar de novo no punto de saída.

Será un gran evento deportivo no cal se poderá facer unha aportación solidaria a Peludines Callejeros de Valdeorras no momento de facer a inscrición na páxina web: http://deporticket.com.

Artigos relacionados

Back to top button