En portadaÚltima hora

Conta atrás para unha Mostra do Aceite de Quiroga diferente

Esta evento celebrarase o domingo 30 de maio en Bendilló contando con 4 olivicultores e cun control de persoas en todo o recinto feiral

 

Quiroga recuperará o domingo 30 de maio a súa Mostra do Aceite, nunha nova convocatoria en Bendilló que será diferente e adaptada a unhas condicións e normas sanitarias que esixiron cambios na súa organización. Ademais do aceite, no recinto desta XXI edición tamén se instalarán postos de produtos típicos.

Os asistentes a esta Festa de Interese Turístico poderán seguir desfrutando da posta en funcionamento do muíño de aceite tradicional a partir das 11:30h., adquirir o aceite de oliva virxe extra (AOVE) que se produce en Quiroga e mesmo comer no recinto feiral, “pero todo supeditado a unhas normas de control de persoas en todo o recinto”, matizan dende a organización.

Para facilitar que os asistentes poidan ver a elaboración do aceite tradicional, ademais de verse en vivo no muíño como todos os anos, proxectarase un vídeo con este proceso na Capela das Farrapas, coa intención de que todos os asistentes poidan ver o proceso íntegro sen aglormeracións.

O recinto feiral estará aberto dende as once e media da mañá ata as dúas do mediodía. Para poder acceder ao recinto da mostra e ao muíño poderase concertar cita previa, a través do tfno 982 43 51 25. A organización decidiu que en cada hora (duración que se estima de cada visita) non haxa máis de 200 persoas en todo o recinto feiral, polo que aínda que a entrada é libre, darase preferencia de entrada a aquelas persoas que concertaran cita previamente.

Todo o recinto estará valado, entrando e saíndo por diferente lugar para manter as distancias. Na entrada do recinto e en todas as casetas instalarase xel hidroalcohólico para uso dos visitantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button