Unha vintena de cativos de entre 3 e 9 anos participaban na tarde do 14 de decembro nunha divertida actividade educativa e de animación á lectura na Biblioteca do Concello de Verín. Levaba por título “O meu amigo nariz de cenoria” e comezaba cunha serie de manualidades con materiais reciclados.
Despois dábase paso ás historias e os nenos desfrutaban dun contacontos. A actividade foi coordinada por nenos voluntarios, de entre 9 e 17 anos, e polo persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Fotos: Biblioteca do Concello de Verín.