ConcellosO BarcoÚltima hora

Contacontos, obradoiros e presentacións na Feira do Libro do Barco, o 29 e 30 de abril no Malecón

Feira do Libro do Barco no 2022./ Foto: A.R.

 

Xusto unha semana despois do Día do Libro, na fin de semana do 29 e 30 de abril, celebrarase este ano a Feira do Libro do Barco, de novo no paseo do Malecón.

Alí situaranse as casetas das librarías participantes e desenvolverase o programa que inclúe contacontos, obradoiros e presentacións de libros con sinaturas incluídas. Comezará o sábado ás 12 horas cun contacontos con Ana Meilán e continuará ás 13:30 horas coa presentación do libro de Carlos Fidalgo “El baile del fuego”.

Xa pola tarde, ás seis haberá presentación e sinatura do libro “Gotas de esperanza” de Fernando Hernández; ás sete Mencía Yano presentará o seu libro “Pintando Nueva York”; e a partir das oito Christian Barrio presentará e asinará o seu libro “El último guarda de la mina de Valborraz”.

A xornada do domingo encetarase con dobre sesión do obradoiro de iniciación ao lettering para nenos maiores de 8 anos (ás 11:30 e 12:30h.). O aforo é dun máximo de 10 nenos cada hora, previa inscrición na Libraría Praxis. Ás 13 horas David Vázquez presentará e asinará o seu último libro “A carón da lareira”; e pola tarde, ás cinco haberá un obradoiro de experimentos titulado “Profesor 10 de mates” e a continuación presentación e sinatura de “El libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas”. Ás sete tocaralle o turno a Puri Escuredo que asinará o libro “Destino”.

 

Artigos relacionados

Back to top button