A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa segue atendendo ás chamadas dos veciños para retirar niños de avespas velutinas, moi abundantes este ano preto das casas (en alpendres, en fiestras, balcóns,…).
O xoves 22 de agosto tiñan que volver á rúa Pireira para eliminar e retirar dous niños e volver tapar outro de enfronte. E xa no mes de stembro, o domingo día 1, tralo aviso da Policía Local eliminaban outro na área recreativa do Aguillón nunha grella de pedra.
Onte, luns 2 de setembro volvían a Vilela, á rúa Porto da Costa “porque volveron facer outro niño noutro lugar da casa, agardemos que colleramos á raíña”, indican dende Protección Civil.
Fotos: AGPC A Rúa.