O Concello de A Rúa continúa coas súas sesións de autocine. O próximo sábado, 25 de xullo, ás 22:30h, proxectaráse o clásico dos 80 “Regreso ao Futuro” de Robert Zemekis. A actividade será no Campo de Tiro da área recreativa de O Aguillón e as entradas xa están dispoñibles na Casa Consistorial a un prezo de 5€ por vehículo.
“Regreso ao Futuro” (1985) foi producida polo afamado director estadounidense Steven Spielberg e narra as aventuras de Marty McFly, un adolescente que viaxa accidentalmente ao pasado e modifica a liña do tempo na que os seus pais se coñeceron. Para reunilos de novo e asegurar a súa propia existencia, McFly pide axuda ao excéntrico Droutor Emmett Brown. O filme considérase a día de hoxe unha peza de culto e filme imprescindible da cultura pop.