CulturaMúsicaÚltima hora

Continúa o “Terrasón 2020” coa actuación dos Broders en San Roque (O Barco)

O concerto tivo lugar o pasado venres, 14 de agosto, ás 23:00h

 

Continúa a programación do ciclo de concertos do Concello do Barco “Terrasón 2020”. O pasado venres, 14 de agosto, foi a quenda do grupo Os Broders, que ofreceron un concerto ás 23:00h no barrio de San Roque. A zona celebraría esta fin de semana as súas festas, que tiveron que ser canceladas pola situación de crise sanitaria. A actuación tivo unha moi boa acollida entre os veciños, que encheron as localidades dispostas e a terraza do bar máis próximo.

O “Terrasón 2020” continúa este sábado, 15 de agosto coa actuación de Big Grethel, que ofrecerá un concerto no Malecón ás 23:00h. Finalmente, o domingo Tomás Porteiro amenizará a sesión vermú ás 13:00h, tamén no Paseo do Malecón.

Artigos relacionados

Back to top button