ConcellosÚltima hora

Continúan as concentracións a favor dos xulgados do Barco

Participantes na concentración ante os xulgados do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Participantes na concentración ante os xulgados do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

“Non á supresión dos xulgados de Valdeorras. Por unha xustiza próxima aos cidadáns”. Esta era a consigna da pancarta trala que se xuntaban na mañá do 31 de xullo fronte aos xulgados do Barco unhas cen persoas. Era a segunda concentración deste tipo que se celebraba na vila barquense, convocada pola Plataforma en defensa do Partido Xudicial de O Barco, creada no pasado mes de xullo.

As concentracións manteranse cada xoves en protesta polo anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial que, de aprobarse e levarse a cabo, suporá a desaparición do partido xudicial do Barco de Valdeorras.

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button