ConcellosO BarcoÚltima hora

Continúan as obras de asfaltado no casco urbano do Barco

A zona centro da rúa José Otero que dá ao paseo do Malecón estará cortada mañá de 10 a 12 horas aproximadamente

 

Nesta semana continúan as obras de asfaltado que se están a levar a cabo en diferentes rúas do casco urbano do Barco e tal como adiantan dende a Policía Local mañá será un día complicado “pero intentarase molestar o menos posible”.

Van asfaltar a rúa José Otero polo que “a zona centro que dá ao paseo do Malecón (Correos, Seguridade social, Butano,…) estará cortado ao tráfico desde as 10 ata as 12 horas aproximadamente”, din, indicando que ante calquera problema “chamen á Policía para solucionalo”.

Artigos relacionados

Back to top button