DeportesÚltima hora

Control de marcha en pista, o 17 de abril no Barco

Pistas atletismo de Calabagueiros no Barco./ Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Ademais de ser sede do Campionato de Galicia de clubs absoluto, o 17 de abril as pistas de Calabagueiros no Barco acollerán a partir das 10:30h. un Control de Marcha en Pista ao Aire Libre.

Nel poderán participar participar todos os atletas federados con ficha pola Federación Galega de Atletismo, da tempada actual (2021) das categorías Sub 10, Sub 12 e Sub 14. “Será por mellores marcas, en caso de non completar as prazas sortearanse as que queden libres:Sortearase unha letra a partir da cal serán asignadas as prazas por orde alfabético de apelido entre aqueles/as atletas sen marca”, tal e como establece o regulamento da proba.

O programa do control enceterase coa proba de 1.000 Marcha Sub10 homes-mulleres.

Artigos relacionados

Back to top button