Última hora

Control de promoción de atletismo en pista no Barco o 1 de abril

Pistas atletismo de Calabagueiros no Barco./ Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Logo dunha paréntese de meses a competición atlética volve ás pistas barquenses de Calabagueiros. O vindeiro 1 de abril, Xoves Santo, está previsto un control de promoción nestas instalacións. Será organizado polo Club Adas e pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega e Atletismo, e desenvolverase en xornada de tarde, a partir das 16:20h.

Participarán atletas de categorías base, como os Sub10, Sub12, Sub14 ou Sub16; así como prebenxamíns e tamén deportista absolutos. De feito está previsto que sexa a carreira de 400 mv absoluta feminina a que encete o programa deste control.

 

Artigos relacionados

Back to top button