
Dous eran os lumes forestais que se iniciaban na tarde de onte no concello lucense de Quiroga. Un deles era o de Montefurado, iniciado ás 15:26h., e outro era o da parroquia de Hospital que comezaba ás 20:11h. coa particularidade ademais de que se iniciaba en 4 puntos simultáneos, o que fai pensar nunha posible intencionalidade no mesmo, tal e como se indica dende a Consellería do Medio Rural.
O incendio de Hospital quedaba controlado ás catro desta madrugada e, segundo as estimacións provisionais de Medio Rural, afectaba a unhas 6,5 hectáreas.
Nos labores de extincións deste lume teñen traballado 1 técnico, 7 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 4 avións e 3 helicópteros.