CarballedaConcellosEn portadaÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

Dende as 21:12h. desta tarde está controlado o incendio forestal de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), tal e como informa Consellería do Medio Rural. Este lume iniciábase ás 18:38h. desta tarde nunha zona próxima ao pavillón polideportivo desta localidade.

No seu control veñen traballando 3 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas, 1 técnico, 5 helicópteros e 4 avións.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada polo lume é dunhas 3 hectáreas, case todas rasas.

Fotos cedidas. O noso agradecemento ás persoas que cederon estas imaxes.

 

Artigos relacionados

Back to top button