ConcellosManzanedaÚltima hora

Extinguido o incendio forestal en Paradela (Manzaneda)

Afecta a unha superficie provisional de 23,45 hectáreas, segundo Medio Rural

Imaxe do incendio forestal tomada dende a aldea de Paradela./ Foto cedida.

 

Tras controlarse as 15:57 h. desta tarde de 28 de xullo, arredor das 23h. quedaba extinguido o incendio rexistrado na parroquia de Paradela, no municipio de Manzaneda. Orixinábase ás 23:05 h. da pasada noite. Segundo as últimas estimacións, xa sen fume, afecta unha superficie provisional dunhas 23,45 hectáreas: 21,45 ha rasas e o resto arboradas.

Para o seu control mobilizouse a 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros, tal e como informa Medio Rural. Entre os medios que participan nos labores de extinción figura o camión e a brigada contraincendios de Manzaneda, que estivo todo o turno dende as 7h. o camion e as 8h. a brigada

Monterrei

Segue controlado desde as 11,52 h. deste mediodía o lume do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que se iniciara o pasado venres. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas.

Para o control deste incendio lévanse mobilizado 4 técnicos, 33 axentes, 82 brigadas, 35 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Artigos relacionados

Back to top button