O CV Ourense “Hemisferios Ribeira Sacra” conseguía a súa primeira vitoria da tempada, na 3ª xornada da liga de primera división disputado na mañá do 22 de outubro no polideportivo O Pompeo de Ourense. O partido, arbitrado polos colexiados galegos Juan Carlos Liste e Laura Lago, enfrontaba ás ourensás coas xogadoras do club asturiano de La Calzada “con gran afluencia de público”, explican dende Ourense.
No encontro destaca o “bo xogo despregado por todo o equipo sobre todo nos dous últimos sets pese ás baixas de Raquel, Sheila e Ivette”, aseguran dende o combinado ourensán. O tanteo de 3-1 (25-21, 16-25, 25-18 e 25-16) reflexa a superioridade do equipo local que só tivo un momento de dúbida no segundo set “onde as xixonesas demostraron porque estaban no alto da clasificación”.
Con esta vitoria o CVO sitúase na sétima posición da liga con cinco puntos na clasificación. A vindeira fin de semana desprazarase ata Madrid para enfrontarse ao SAD Recuerdo, terceiro clasificado.
Fotos cedidas.