DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

Contundente vitoria de 4 a 1 do Verín CF fronte ao CD Velle

 

Dominio absoluto do Verín CF no partido que disputaba esta tarde no estadio José Arjeriz fronte ao equipo visitante CD Velle. Ata en catro ocasións lograban os locais traspasar a portería do Velle, a primeira no minuto 45 da man de Adrián Mouriño, quen apenas 3 minutos despois marcaba un novo gol e logo un terceiro no minuto 65.

 

 

O conxunto verinés mantiña o control do partido e aseguraba a súa vantaxe cun novo tanto que desta volta tiña a sinatura de Luis Ossorio “Luisito” (no minuto 71).

Non sería ata preto do final cando os xogadores do CD Velle lograban estrear o marcador cun gol de Alberto Carrelas no minuto 88. Deste xeito o Verín CF pecha a xornada 16 sumando tres puntos ao seu haber.

Fotos: Carlos G. Hervella.

O primeiro gol de Mouriño imaxe a imaxe

Artigos relacionados

Back to top button