DeportesFútbol salaÚltima horaVídeos

O Vianariño FS levanta coa afección as copas de campións de liga dos equipos xuvenil e sénior

Na tarde deste sábado 26 de abril recibían no pavillón de Viana do Bolo os trofeos

 

Espectacular xornada de fútbol sala no pavillón municipal de Viana do Bolo. Aínda non rematou a liga pero os equipos xuvenil e sénior do Vianariño FS xa son campións de liga co conseguinte ascenso de categoría. Dous títulos que celebraban por todo o alto na tarde e noite deste sábado 26 de abril coa afección.

 

 

Ás 17 horas o sénior feminino xogaba contra o Arnoia B perdendo 0-5 e malia que estaba previsto que ás sete se entregaran os trofeos, finalmente cambiábase o orde e tras saudar á afección, comezaba o último partido do equipo sénior de Preferente na casa, ca liga xa ganada, contra o Gondomar FS que vencían cun contundente 6-1, regalando así á afección a última vitoria do ano.

 

 

E xa coa euforia desta vitoria tiña lugar a entrega de medallas e copas, primeiro ao equipo xuvenil adestrado por Iván e Manu que fixo unha extraordinaria campaña. Despois de gañar a Copa Diputación a tempada pasada, gañaba a liga regular provincial 24-25, nun ano cheo de alegrías onde sumaban 13 vitorias, 1 empate e tan só 2 derrotas. Con 91 goles a favor e 27 en contra xogarán o play off de ascenso a Liga Galega.

 

 

Despois recollía as medallas e a copa o equipo sénior de Xocas e Juanjo a quen manteaban os propios xogadores dentro da propia euforia. Tras gañar 2-6 ao Baíña e coa derrota dos seus perseguidores, na xornada 28 proclamábanse matematicamente campións de liga e novo equipo de Terceira División Nacional.

 

 

Ao acto no pavillón acudían representantes da Federación para facer entrega dos trofeos, así como os alcaldes de Viana do Bolo, Andrés Montesino e Vilariño de Conso, Melisa Macía, xunto a outros membros das corporacións municipais e afeccionados.

 

 

A festa non remataba a aí de despois baixaban ata o pilón a celebrar “con todos vos algo que é voso e que poucas veces se pode celebrar, como é un ascenso e un título”, aseguran dende o club, adiantando que  “ás 00:30 horas no bar Carpe Diem da man de @djtariro teremos festa do Vianariño e sortearán camisetas e bufandas do club”.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button