En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Contundente vitoria do CD Rúa nunha fría tarde de domingo no Vicente Solarat

Cun 9-0 remata o partido disputado ante o CD Bubal

 

Na xélida tarde deste domingo 4 de decembro o CD Rúa sumaba unha nova e contundente vitoria, desta volta ante o CD Bubal, no campo Vicente Solarat Maceda.

O conxunto local que dirixe Javier Ferrer foi o gran dominador do encontro da xornada 13 en Segunda Galicia e malia tardar en media hora en marcar o primeiro gol, a partir de aí xa non pararon, cos primeiros tres goles en tres minutos. Era Bruno quen abría o marcador no minuto 31, Juan poñía o 2-0 no 32′ e no 33′ Berto marcaba o terceiro, sendo Cotarelo quen poñían o 4-0 no marcador.

 

 

Con este resultado chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, máis do mesmo. Juan volvía marcar poñendo o 5-0 no 55′ e de seguido era Bruno quen marcaba os dous seguintes (un no minuto 58 e outro no minuto 75). A cousa non quedaba aí e Juan marcaba o seu terceiro gol no minuto 79 mentres Eric sentenciaba o encontro co 9-0 final.

Con este resultado o CD Rúa sobe ata o segundo posto da clasificación con 26 puntos, a dous do líder, o CD Viana. O seguinte partido será en Parada de Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button